El ascenso y caída de Zara Zilverstein

Zara, unha empregada apática dunha tenda de electrónica, convértese inesperadamente nunha celebridade tras un desafortunado incidente cun actor famoso. A fama e o diñeiro acaban por ser unha maldición para ela. O que sobe rápido, cae rápido.

Ano:
2024
Director:
Brian Kazez
Pais:
Arxentina, Francia, España, Estados Unidos
Biografía:
Brian Kazez naceu en Bos Aires, Arxentina, en 1989. Dende hai case 10 anos forma parte do colectivo de dirección Pantera, un trío premiado especializado en videoclips, anuncios e curtametraxes documentais. Esta é a súa primeira curta e actualmente está a traballar na súa primeira longametraxe, THE OTHER PART.