En la noche caminamos solos

Un rider sen bicicleta e unha rapaza vampira atópanse na noite e foxen xuntos, abandonando o traballo e a cidade, na procura da liberdade. Porén, o rapaz decátase de que iso non será posible ata que se enfronta á misteriosa presenza que semella estar controlando todos os seus movementos.

Ano:
2024
Director:
Rafa Alberola
Pais:
España
Biografía:
Rafa Alberola é un cineasta madrileño. Dirixiu as curtametraxes Septiembre e Arenal —Biznaga de Prata no Festival de Málaga—, así como a mediametraxe Elogio del horizonte. Como guionista, traballou en curtas como Pueblo, de Elena López Riera, e Mañana vendrá la bala, de Gabriel Azorín. Foi tamén guionista e coproductor de Los inocentes, longa de Guillermo Benet premiada en Márgenes 2020 e con mención especial no Festival de Sevilla. Ademais, escribiu os guións de Los mutantes, documental de Gabriel Azorín, e Una vez fuimos salvajes, de Carmen Bellas.