Monstera

Ana agarda polo seu mozo Marcos, que volve á casa tras unha longa viaxe de negocios. Desátase entre ambos unha violenta discusión cando Marcos se decata de que Ana non coidou a súa planta favorita: unha pequena e delicada monstera abigarrada.

Ano:
2024
Director:
Diego R. Aballe
Pais:
España
Biografía:
Diego R. Aballe comeza a experimentar coa narrativa cinematográfica durante os seus estudos de artes escénicas na ESADg. Tras pasar pola ESCAC, colabora en diferentes proxectos audiovisuais, ata formar en Vigo a súa propia produtora: Coven Films. Canibalismo, a súa primeira curtametraxe como director, consegue un Méliès de Prata a Mellor Curtametraxe de Cinema Fantástico Europeo no Splat! Film Fest de Polonia.