Nens

Teo e os seus amigos son rapaces que cren estar lonxe das formas máis tóxicas de masculinidade. Aínda así, calquera xogo, sen medir o espazo que ocupan, é unha excusa para ser violentos entre eles. Un día de verán, levan o xogo ao límite.

Ano:
2024
Director:
Anna Martí Domingo
Pais:
España
Biografía:
Anna Martí Domingo licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universitat Pompeu Fabra. Durante os últimos cinco anos traballou no departamento de dirección de varias películas e series, combinando este posto con labores de axudante de montaxe. Actualmente está a traballar no guion do seu primeiro longametraxe, producido por Nocturna Pictures, que está en fase de desenvolvemento e participou na Residencia de Guion da Escola de Cine e Televisión de Cuba (EICTV, San Antonio de los Baños). Nens é o seu primeiro curto.