“O” é unha historia humanista e poética sobre un home fráxil que tenta acadar unha tarefa sinxela, pero cuxo principal obstáculo atópase en si mesmo.
Ano:
2024
Director:
Rúnar Rúnarsson
Pais:
Islandia, Suecia
Biografía:
Rúnar Rúnarsson (1977, Islandia) é director e guionista. A súa primeira longametraxe, Volcano (2011), estreouse na Quincena de Realizadores de Cannes e gañou 17 premios internacionais. Con Sparrows (2015) obtivo a Cuncha de Ouro en San Sebastián. A súa terceira película, Echo (2019), foi premiada en Locarno. En 2024 inaugurou Un Certain Regard en Cannes con When the Light Breaks. As súas curtas recibiron máis de 100 premios e unha nomeación ao Oscar.