Quota

Cando a cada cidadán do mundo se lle obriga a controlar as súas emisións de CO₂, o impacto semella pequeno… ata que descobren as consecuencias de acadar a súa COTA asignada.

Ano:
2024
Director:
Job Roggeveen, Joris Oprins e Marieke Blaauw
Pais:
Paises Baixos
Biografía:
Job, Joris & Marieke é un estudo de animación fundado en 2007 en Utrecht por Job Roggeveen, Joris Oprins e Marieke Blaauw, coñecidos polo seu estilo icónico e historias tragicómicas e absurdas. A súa curta A Single Life (2015) foi nomeada ao Oscar, e Kop Op (2016) gañou un International Emmy Kids Award. En 2022 estrearon a serie Kop Op (Swop) e inauguraron a súa primeira gran exposición individual A Triple Life na Kunsthal Rotterdam. As súas curtas e videoclips suman máis de 75 premios e foron proxectados en máis de 300 festivais de todo o mundo.