Soleil Gris

Baixo un sol abrasador, Charlie abúrrese mortalmente e soña con ir ao mar. Pero vese obrigada a vixiar un motel de mala morte coa súa curmá Jess, que permanece esborrallada na cadeira de praia. As dúas adolescentes non se levan ben e discuten ao máis mínimo. Na radio, a voz monótona dun investigador en colapsoloxía predí o inminente fin do mundo.

A piscina está baleira, o sol bate con forza e a tensión medra: o apocalipse ecolóxico anunciado polas ondas irrompe de súpeto na realidade.

Ano:
2024
Director:
Camille Monnier
Pais:
Francia, Bélxica
Biografía:
Graduada na EMCA en 2016, Camille Monnier participou despois na colección En sortant de l'école - Paul Eluard cunha curta delicada e chea de humor: Même quand nous dormons. Tamén colabora con museos como a BNF e o Museo Fernand Léger.