verín no foco: hoxe é feira

A equipa do FIC VÍA XIV aventurase este ano, cámara en man, na feira de Verín para gravar unha curta que se adentre nas historias de vida das nosas tendeiras de confianza. A peza que resulte desta xornada poderá visualizarse en liña. O FIC continúa sendo contedor e creador de cinema inspirado na nosa comarca e, desta volta, quere mover os marcos mentais de como acostumamos ver a feira de Verín para poder observala dende detrás dos postos.