Mau por um momento

Un evento de team building sae mal e enfronta ao dono dun estudo de arquitectura co barrio obreiro que a súa empresa está a xentrificar.

Ano:
2024
Director:
Daniel Soares
Pais:
Portugal
Biografía:
Daniel Soares é un guionista e director portugués nacido en Alemaña. As súas curtas foron premiadas e proxectadas en festivais internacionais como Locarno, Clermont-Ferrand ou IndieLisboa. A súa primeira longametraxe, 900 Toneladas, está en desenvolvemento dentro do programa europeo LIM | Less is More. Tamén expuxo a súa obra fotográfica no International Center of Photography de Nova York.