Ningún Deus

Ningún Deus fala sobre a identidade poñendo o foco no Entroido tradicional do rural da provincia de Ourense. Esta peza xorde da investigación ao redor dos vínculos entre o rito máxico e a construción da identidade e a memoria colectiva do pobo, precisamente, a través da construción dunha máscara de peliqueiro. 

Ano:
2022
Autor:
Mirian Opazo
Pais:
España
Biografía:
Mirian Opazo é unha artista visual de Xinzo de Limia. No seu traballo utiliza o audiovisual para seguir unha liña de investigación centrada na memoria e identidade, sempre ligada ao medio rural.